Related Posts with Thumbnails

martes, 26 de mayo de 2009

E apareceron as brancas!

De cativo, cando ameazaba tormenta, apresurabame a recoller o balón de futbol e voltar para casa a sentarme no salón para ver ao abrigo, os raios a través da cristaleira e escoitar a tronada.
Xa cambiaron algo as cousas...

Agora, unha tormenta é sinónimo de chegada de aves peláxicas á costa polo que "os do gremio paxareiro", apuramos ata ó último momento a nosa estancia nos portos e praias, a veces tentando incluso pegar o ollo ó telescopio. Vamos...cousa de tolos!

Aquel día, tras unha conversa telefónica con Emilio Martinez Sabarís, fun avisado da presencia de varias gaivotas tridáctilas Rissa tridactyla e dunha posible gaivota hiperbórea Larus hyperboreus en distintos puntos do Concello de Sanxenxo.
Unha vez reunidos no porto de Portonovo, alucino..as tridáctilas a un par de metros!



Contamos unha decena de Gaivotas tridáctilas Rissa tridactyla nadando a uns metros de nós, cun comportamento totalmente tranquilo, indiferentes á nosa presencia.

Emilio señálame cara o ceo: "Ahi está, ahi está!"
E chega voando á miña desexada Gaivota polar Larus glaucoides!

Dous "bimbos" xuntos.

Os Carráns cristados Sterna sandvicensis tamen presentes nos aledaños do porto daban a nota co seu característico reclamo.

Pero resulta que o aviso da presencia dunha gaivota blanca referíase á praia de Silgar. O exemplar estaría comendo este arroas varado. Non atopamos nada esa mañan. Resultou ser unha Gaivota hipérborea Larus hiperboreus...unha mágoa non dar con ela!

Decidimos movernos cara o interior da Ría.
Ó chegar á Enseada da Seca (Poio), soplaba un vento bestial. Alí nos topamos con 3 ou 4 Gaivotas canas Larus canus.

Eu xa pasaba de largo cando oigo a Emilio: "Unha enana, unha enana!"

Ahi a estaba, aguantando contra vento como podía: a Gaivota enana Larus minutus


Menuda mañan...e iso que faltou a hiperbórea!!

0 comentarios:

Template Designed by Douglas Bowman - Updated to Beta by: Blogger Team
Modified for 3-Column Layout by Hoctro