Related Posts with Thumbnails

domingo, 13 de septiembre de 2009

El Torcecuello


O título desta entrada fai referencia, en castelán, ó Peto formigueiro Jynx torquilla, un dos páxaros máis sorprendentes e fermosos que vin.



A partir de abril podemos escoitar o seu "ke-ke-ke" pola campiña, sendo máis complicado observalo, especialmente cando se atopa pegado a unha árbore. A súa plumaxe é unha boa camuflaxe. Ainda que a especie é migradora nocturna xeralmente solitaria, abundantes son as citas de invernada na península ibérica, onde é reproductora na mitade norte e fiel a volver á zona de nacemento




A súa maneira de mover o pescozo cando se ve ameazado lembranos a unha cóbrega. Esa curiosa acción é responsable do seu nome castelán.

Alineación al centro

Ainda que pertence á familia dos petos, non fura árbores para facer o seu niño; é coñecida por expulsar a páridos dos seus niños e destruirlles a posta: Lohrl (1940) descubriú como un só Peto formigueiro destruiú 14 postas nunha leira de Stuttgart (Alemania) e Abro (1962) ollou dous exemplares agrandando os furados dos niños doutras especies. Pon entre 6 e 12 ovos, xeralmente 7-9. Jourdain (1940) comenta que si cada vez que a femia pon un ovo, se lle retira, esta chega a alcanzar a increible cifre de 40 ou máis ovos. Adoita efectuar dúas postas, raramente tres.


Aliméntase de coleopteros, polillas e demáis insectos xilófagos, pero principalmente de formigas e as súas larvas, o que lle da o seu nome galego. En África, a especie parece sufrir grandes pérdidas. Quizás as fumigacións masivas teñan parte da culpa. Estudios destacan a pouca lonxevidade da especie que non adoita pasar dos 5 anos.


Máis info:

Datos sobre a súa plumaxe e muda


Catálogo Nacional de especies Amenazadas

Ficha do atlas

Action Plan Jynx torquilla in UK

1 Comment:

Tatiana dijo...

Eres un artista de la naturaleza Rubén Portas, te venero

Template Designed by Douglas Bowman - Updated to Beta by: Blogger Team
Modified for 3-Column Layout by Hoctro