Related Posts with Thumbnails

sábado, 24 de octubre de 2009

de cazadores y escopeteros

Mañan iniciase unha nova tempada de caza. Volven os manifestos e posicionamentos filosóficos acerca da ética e viabilidade desta actividade, dos métodos que se empregan para a súa xestión e seguimento e de si se consideran suficientemente os costes e desgaste nos ecosistemas ou só se aprecia o capital que xera a mesma.

Outro ano máis, volvo a manifestar meu rechazo acerca de como prima o voto dun colectivo formado por 57.000 escopetas frente o deber da administración de preservar e vixiar os nosos recursos naturais.
Actualmente, a Consellería dispón de menos dun axente por cada 80 cazadores e 5.300 hectáreas, sen restar os axentes que disfrutan das vacacións tras a campaña de incendios. É obvio que esta relación é insuficiente. A administración apenas persigue o furtivismo e moitos dos casos existentes quedan arquivados sen depurar responsabilidades.
O escaso seguimento nos controis de alcolemia, do control dos microchips e do trato dos cans de caza son outros puntos a criticar. Ademáis, o feito que se poida vender a caza, dota esta actividade dun interese lucrativo que pode contribuir a aumentar o furtivismo.
En moitos cotos se xestiona esta actividade con coñecementos insuficientes, tras soamente dúas asambleas ó ano, con escasa ou nula participación dos socios nas mesmas e nas que a única labor que se realiza, é repoboar masivamente o monte con individuos de xenética dudosa (ademáis de especies alóctonas como os faisáns) e sen realizar melloras do hábitat previas.
Os plans de ordenación cinexética son de dudosa rigurosidade e os censos realizados en cada Tecor carecen dun muestreo suficiente xa que as actuais sociedades de caza dispoñen de recursos económicos escasos que inevitablemente repercuten na calidade do plan realizado polas consultoras.

A masiva entrada de especies catalogas nos centros de recuperación de fauna silvestre como miñatos, azores e lobos é indignante. A Consellería debe identificar o coto de procedencia dos individuos afectados por furtivismo e proceder sistemáticamente ó peche dos mesmos. Son coñecedores de certos tecores con incidencia alta en furtivismo anual; pero antes estes feitos, miran para outro lado debido ó elevado número de cazadores que nas eleccións se transforman en votos. O vergonzoso é que o correcto comportamento dalgúns deles que solicitan unha xestión adecuada da actividade con fin de mellorar a súa calidade vese enturbiada polas actuacións ilegais doutros contra as cales a Consellería sigue sen intención de actuar.

Outro punto clave que non se ten en conta, é o factor xenético. O pioneiro campo da investigación xenética é clave no estudo científico da bioloxía da conservación. que consiste en coñecer os factores que afectan ó mantemento, pérdida e restauración da diversidade biolóxica, conservación dos xenes, poboacións, especies e ecosistemas. Recentes estudos demostran como a presión da caza excesiva conleva unha maior pérdida de variabilidade xenética e como a selección cinexética dos millores exemplares e dos individuos reprodutores aumenta dita pérdida.

As asociacións conservacionistas, deben seguir criticando a paupérrima xestión e o nulo seguimento da actividade mentras que a Xunta de Galicia siga sen tomar cartas no asunto.
Para escoitar o programa de Medio ambiente sobre a caza, PINCHA AQUI

1 Comment:

Xosé Ramón Reigada dijo...

Parece que hai máis escopetas que bichos!!!
Envío un enlace de "Regsitro de personas NO CAZADORAS" de Ecologistas en Acción:
http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article5953
Saúdos

Template Designed by Douglas Bowman - Updated to Beta by: Blogger Team
Modified for 3-Column Layout by Hoctro