Related Posts with Thumbnails

viernes, 14 de agosto de 2009

A pateira de Sao Jacinto: Ciudade de vacacions das anátidas

As anátidas, na súa maior parte son especies cinexéticas, ou dito doutra maneira, podénse cazar.

"Papá, papá! en la tele están matando al pato Lucas!" berraba asustado o pequeno Doel, ó ver que no pésimo programa "couto vivo" da TVG os cazadores mataban patos nas beiras do río Ulla, zona na que ademáis a caza non está permitida...
En Francia e Portugal ainda teñen máis afición na caza de anátidas.
¿Existe un paraiso para os patos?
Paraiso..quizás non, pero hai unha lagoa que se lle asemella bastante. Vouvos contar a miña experiencia na "ciudade de vacacions" dos patos:

A pateira de Sao Jacinto, no país veciño de Portugal


Alí pasei unha fin de semana marcando anátidas guiado por Emilio Martínez Sabarís e David Rodrigues.

O madrugón do primer día, traia cedo a recompensa, un singular silencio enrarecía o ar, eu non sabía o regalo que me esperaba, ¿Qué tramarían os meus compañeiros?
Tras subir naquel mirador e asombrarme ante tal densidade de patos, descubrin que ver a miña cara de sorpresa pagou manter seu silencio.


Uns vídeos, ainda que malos, podenvos dar unha idea deste pequeno paraiso.



Pero non había tempo que perder, a sorpresa non quedaba ahi; ducias de patos esperaban ser liberados das nasas, para ser marcados ou controlados.

As nasas estratéxicamente colocadas e cebadas con arroz atraian as anátidas por un embudo do que dificil lles sería fuxir.

O traballo debía facerse con precaución pero con rapidez e precisión na toma de datos.

Os procedementos efectuados por orden foron:

1. Recoller os patos das nasas nunhas bolsas de tela


2. Identificar especie, sexo e idade na medida do posible (alguns xuvenis son complicados ou imposibles de diferenciar das femias)

3. Colocar a anela metálica

4. Realizar a medición dunha das ás, do peteiro e do tarso

5. Colocar a marca nasal

6. E por último, realizar a solta.

Despois de capturar máis de dúascentas anátidas, finalizaría o día. Entre as especies marcadas figuraban:


Pato rabilongo Anas acuta

Asubión Anas peneloppe

Cerceta real Anas crecca

Pato cullerete Anas clypeata

Azulón Anas platyrrynchos
Pato cincento Anas streppera
Parrulo chupón Aythya ferina
Porrón cristado Aythya fuligula

Ademáis estaban presentes outras especies como:

Pola de auga Gallinula chloropus
Galiñola negra Fulica atra
Rapiña arpella Circus aeruginosus
Azor Accipiter gentilis
etc.



Ó erguerme o día seguinte, triste descubrimento:
Ó cargar a batería da cámara, as fotos gardadas na tarxeta de memoría, esvanecerónse!!
Apenado, dirixinme cara a lagoa onde outra sorpresa me devolvería o sorriso.

Un azor entrara dentro dunha nasa para capturar dúas cercetas, as cales matou pero non logrou fuxir antes da nosa chegada. Asombrosa natureza!!

As dúas cercetas victimas das potentes garras da rapaz

Como non, o azor, unha femia, pagaría a súa matanza voltando a natureza tras ser a súa vez anelada

Emilio, mestre anelador posando con esta magnífica ave rapaz forestal

Fin de semana memorable, a cifra alcanzaría varios centos (+400) de anátidas capturadas para anelamento.

Para saber máis: MARCAXE DE ANÁTIDAS NO C.I.U.G. (Complexo Intermareal Umia Grove) un pequeno avance dos estudos que se están a realizar.

Template Designed by Douglas Bowman - Updated to Beta by: Blogger Team
Modified for 3-Column Layout by Hoctro