Por estas datas, fai un ano xa, viaxei na compaña de Alejandro Currás ás Comarcas de Verín e Viana do Bolo co obxetivo de ver as principais especies ornitolóxicas mediterráneas que nidifican na comunidade galega. Debo agradecer os consellos de Xurxo Piñeiro e Cosme Damián, pero sobre todo, o fabuloso guía que tivemos: Xosé Ramón Reigada, autor do blog Verín Natural porque a excursión foi todo un éxito xa que logramos ver todo o que nos propuxemos, isto a pesar dunhas condicións climatolóxicas adversas.
Report trip: Mediterranean Páxaros's Ourense!
O día 22 de Maio de 2008, empezamos a odisea paxareira por Feces de Cima e ollamos abundantes rousinoles Luscinia megarrhynchos, dúas Cotovías cristadas Galerida cristata, Cotovías pequenas Lullula arborea, Carrizas dos xuncos Cisticila juncidis,

Unha Gata fornela Circus cyaneus acosando a un Lagarteiro Falco tinnunculus,
Escribentas comúns Emberiza cirlus e riscadas Emberiza cia, Ouriolos Oriolus oriolus,
Picanzo real Lanius meridionalis e cabecirrubio con ceba Lanius senator,
Papuxas carrasqueiras tamén con ceba Silvia cantillans, comuns Silvia communis e montesas Silvia undata, Cucos Cuculus canorus, un cuco real Clamator glandarius perseguido por unha Pega pica pica,


Folosas amarelas Hippolais polyglotta, Petos reais Dendrocopos major e verdeais Picus viridis, un Chasco cincento Oenanthe oenanthe,
unha Bubela Upupa epops cantando a escasos 3 metros do noso vehículo e unha boa densidade de Trigueiróns Miliaria calandra.
A nota de misterio douna a visión dunha máis que posible Pega azul Cyanopica cyanus. A vimos por dúas veces baixo unha tromba de auga movéndose rápidamente,. Eu vin perfectamente a silueta pero as cores non as puden apreciar, Alejandro si que lle viú a característica cor lila. Quedamos con ganas de certificalo. En Mandín que dista duns poucos kilómetros Xose Ramón Reigada viu outro exemplar. A zona é vasta.. a saber o que ahí se poderá ocultar...e ademáis as poboacións situadas máis o Sur non distan de máis de 100 km. Tampouco se descarta que sexa un páxaro de gaiola, afición moi común no país veciño.

O día remataba con 3 bimbos pola miña parte e desexando que o día seguinte fora igual de fructífero.

e unha Perdiz Alectoris rufa. Mentres, o noso carón, cantaba un precioso macho de Papuxa das amoras Silvia atricapilla.
Xa no Concello de Vilariño de Conso proseguimos coa racha paxareira:
En A Veiguiña, vimos un Gabeador azul Sitta europaea, ademáis de Cucos e Ouriolos.

En Conso, topamos unha parella de Gabeador común Certhia brachydactila entrando na oquedade duhna chimenea. A uns metros, un confiado Rabirrubio testibranco macho pousado nun castaño.
Para rematar o día e poñer a guinda ó pastel, nos diriximos cara o Encoro de Cenza, onde, ademáis de ver 31 lavancos reais Anas platyrrhynchos, disfrutamos duns 15-20 abellarucos Meriops apiaster, dun Miñato negro Milvus migrans,
A finais de Agosto do ano pasado voltei por ali acompañando esta vez a Pablo Sanmartín para realizar unha xornada de anelamento cuxos resultados podedes ollar no seu blog.
Tamén a información está disponible no interesante blog de Xosé Ramón Reigada
¡Esperemos que os lumes lle den unha tregua indefinida a esta comarca e permitan conservar e manter esta riqueza ornitolóxica!
4 comentarios:
Estupendas fotos e inspirado reportaje, Rubén. Bienvenido al absorbente mundo de la ornitoblogía. Ya he enlazado este blog en el mío. Larga vida a "O meu cubil naturalista".
Olá Rubén!
Moi interesante esta mistura de imaxes e comentarios paxareiros, parabéns polo blogue, agora mesmo poño un enlace dende verin-natural
Saúdos
Parabéns polo blog!!!!
Unha aperta desde A Corunha,
Damián
Súmome ós demais, vai un enlace para o meu Blog.
Agardo con impaciencia as túas observacións polas Terras de Montes.
Un saúdo.
Publicar un comentario