De cativo, cando ameazaba tormenta, apresurabame a recoller o balón de futbol e voltar para casa a sentarme no salón para ver ao abrigo, os raios a través da cristaleira e escoitar a tronada.
Xa cambiaron algo as cousas...
Agora, unha tormenta é sinónimo de chegada de aves peláxicas á costa polo que "os do gremio paxareiro", apuramos ata ó último momento a nosa estancia nos portos e praias, a veces tentando incluso pegar o ollo ó telescopio. Vamos...cousa de tolos!
Aquel día, tras unha conversa telefónica con Emilio Martinez Sabarís, fun avisado da presencia de varias gaivotas tridáctilas Rissa tridactyla e dunha posible gaivota hiperbórea Larus hyperboreus en distintos puntos do Concello de Sanxenxo.
Unha vez reunidos no porto de Portonovo, alucino..as tridáctilas a un par de metros!

Emilio señálame cara o ceo: "Ahi está, ahi está!"
E chega voando á miña desexada Gaivota polar Larus glaucoides!



Decidimos movernos cara o interior da Ría.
Ó chegar á Enseada da Seca (Poio), soplaba un vento bestial. Alí nos topamos con 3 ou 4 Gaivotas canas Larus canus.
Menuda mañan...e iso que faltou a hiperbórea!!
0 comentarios:
Publicar un comentario