Related Posts with Thumbnails

miércoles, 10 de junio de 2009

Sete de cada dez centrais hidroeléctricas de Galicia incumplen a lei de augas da UE

O impacto ambiental afecta a uns 143 km de río pertencentes á unhas 70 instalacións.



Fai unha semana as noticias lembraronnos que 33 novos aproveitamentos hidroeléctricos están otorgados na costa galega á espera dunha decisión da nova dirección xeral de "Desconservación da Natureza". Afortunadamente, a anterior Consellería de Medio ambiente decidiú porlles freno cunha reforma moi restrictiva do Plan Sectorial Hidroeléctrico, que non establece tramos de interese para explotación enexética nos ríos galegos xustificada en que o 70% das centrais van en contra da Directiva do Marco de Auga (DMA), a norma europea que obliga que todolos paises europeos teñan as súas augas nun bo estado ecolóxico en 2015.

Galemys pyrenaicus
 

Impactos principais que sufren os ríos sometidos ó aproveitamento hidroeléctrico:


1. Interrupción da continuidade biolóxica nas masas de auga. Barreira infranqueable para as especies migradoras que se enfrentan ademáis da propia central, ás aspas das turbinas.
Salmo salmo


2. Derivacións do caudal para abastecer á propia planta


3. Variacións na cantidade de auga acumulada


4. Transporte de sedimentos interrumpido


5. Desaparición ou reducción da vexetación de ribera



A lexislación comunitaria esixe severas medidas correctoras sobre as escalas de peixes, e o mantemento do caudal ecolóxico mínimo para evitar impactos sobre a fauna e a flora en momentos de sequía e nos ritmos de devolución de auga ó río.




Chioglossa lusitanica


Das 106 presas ubicadas en Galicia Costa, 70 van en contra dos díctamenes europeos de calidade e suman un total de 143 km.
Galicia cumple cos obxetivos sobre o establecemento de enerxías renovables cun 72% do consumo eléctrico galego, por riba da cuota da UE (22%) e do estado español (29%) polo que se debe priorizar o cumplimento da DMA antes da construcción de novas instalacións.


¿Qué persigue a DMA?


A prevención do deterioro adicional e a protección e mellora dos ecosistemas acuáticos e terrestres dependentes, a promoción dos usos sostibles da auga, a protección e mellora do medio acuático, a reducción da contaminación das augas subterráneas e paliar os efectos das inundacións e sequías.
Cinclus cinclus


¡Por unha nova cultura da auga e maior concienciación política!

Algunhas ligazóns de interese:


Descargate a DMA e a súa Planificación.

a DMA na Web do Ministerio



Máis información

Augas de Gaicia


Template Designed by Douglas Bowman - Updated to Beta by: Blogger Team
Modified for 3-Column Layout by Hoctro