Related Posts with Thumbnails

miércoles, 1 de julio de 2009

Vagalumes

Lembro dende cativo relacionar Vagalume con facer trasnadas.
Pola noite de San Xoán adoitaba toparme con estes increibles insectos mentres deambulabamos polo pobo en busca de cancelas, carros ou outras propiedades que mudar de lugar.
Cos anos, fun deixando de amolar os veciños durante o solsticio de verán e mostrando maior interese por estes insectos que adoitaba ollar na propia leira da casa.
Felices tempos eran aqueles, para min e os vagalumes.


O resplandor destes escarabellos está desparecendo. Parece ser que a contaminación lúminica estaría afectando ós machos que teñen dificultades para topar a súa parella e aparearse na noite.

O Vagalume Lampyris noctiluca pode emitir luz durante todos os seus estadios, incluso os ovos, pero no caso da femia é máis importante, xa que ese resplandor ten como obxetivo atraer o macho para realizar a cópula. Esa luz, de tipo fría, a producen mediante o fenómeno da bioluminiscencia basado na oxidación dun composto proteíco chamado luciferina mediante unha enzima denominada luciferasa.

Este coleóptero tamén chamado olliño da noite, luz do camiñante ou vella que alumea, é un terrible depredador de gasterópodos. Tras inxectarlles veleno e paralizalos, absorve ó seu contido parcialmente dixerido pola súa saliva. Os adultos non se alimentan e viven das reservas acumuladas durante o estadio larval.
Neste enlace un compañeiro retratanos unha loita entre un vagalume e un caracol.

Os primeiros adultos saen en maio e voan ata agosto. En xullo comeza a súa época de reproducción.
A femia non voa e manténse quieta sobre un lugar visible emitindo luz durante unhas horas. De non lograr reproducirse ó cabo dunha semana, morrerá sen efectuar a posta.

Os machos poseen a facultade de voar en busca da chamada luminescente da femia. Ainda que eles tamen poden emitir luz.
Na fotografía superior vemos o macho desenfocado (non me decatei del ata ver a foto na casa) trepando en dirección á femia.

Durante o verán, a femia pon aproximadamente 80 ovos que eclosionarán pasado un mes.
Na foto superior o macho acoplándose coa femia.

O estadio larval dura medio ano e pasa por 5 mudas. A fase de pupa dura 11 días.
A este macho lle saliú un rival.


Descargas:

Powerpoint sobre Vagalumes


Surveys of Firefly in Portugal

Y por último, a web sobre los Gusanos de Luz


Template Designed by Douglas Bowman - Updated to Beta by: Blogger Team
Modified for 3-Column Layout by Hoctro