Related Posts with Thumbnails

martes, 1 de junio de 2010

Blog do Grupo de Anelamento Anduriña

Despois de moitas voltas, unhas cantas horas de traballo e algún que outro debate, nace o blog do GRUPO DE ANELAMENTO ANDURIÑA.
Este dominio contribuirá a divulgar a nosa labor en prol da conservación i estudo do patrimonio natural galego e a manter o contacto con todolos interesados en asistir ás xornadas de campo e participar nos proxectos que levamos a cabo.
Iniciamos esta andaina cuns contidos mínimos: "Quen somos", como contactar con nós, un apartado onde poderedes descargar os traballos de investigación e divulgación realizados polos membros do grupo e unha pequena referencia sobre o anelamento en Galicia. Iremos progresivamente subindo máis información, engadindo seccións fixas e actualizando o blog mediante entradas variadas realizadas polos membros do grupo.
Agardando que sexa do voso interese, desexamos que a vosa participación nos permita mellorar.
Podedes acceder ao blog pulsando a seguinte ligazón: www.grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com



Template Designed by Douglas Bowman - Updated to Beta by: Blogger Team
Modified for 3-Column Layout by Hoctro