O título desta entrada fai referencia, en castelán, ó Peto formigueiro Jynx torquilla, un dos páxaros máis sorprendentes e fermosos que vin.
A partir de abril podemos escoitar o seu "ke-ke-ke" pola campiña, sendo máis complicado observalo, especialmente cando se atopa pegado a unha árbore. A súa plumaxe é unha boa camuflaxe. Ainda que a especie é migradora nocturna xeralmente solitaria, abundantes son as citas de invernada na península ibérica, onde é reproductora na mitade norte e fiel a volver á zona de nacemento
A súa maneira de mover o pescozo cando se ve ameazado lembranos a unha cóbrega. Esa curiosa acción é responsable do seu nome castelán.
Aliméntase de coleopteros, polillas e demáis insectos xilófagos, pero principalmente de formigas e as súas larvas, o que lle da o seu nome galego. En África, a especie parece sufrir grandes pérdidas. Quizás as fumigacións masivas teñan parte da culpa. Estudios destacan a pouca lonxevidade da especie que non adoita pasar dos 5 anos.
Máis info:
Datos sobre a súa plumaxe e muda
Catálogo Nacional de especies Amenazadas
Ficha do atlas
Action Plan Jynx torquilla in UK
1 Comment:
Eres un artista de la naturaleza Rubén Portas, te venero
Publicar un comentario