Pola noite de San Xoán adoitaba toparme con estes increibles insectos mentres deambulabamos polo pobo en busca de cancelas, carros ou outras propiedades que mudar de lugar.
Cos anos, fun deixando de amolar os veciños durante o solsticio de verán e mostrando maior interese por estes insectos que adoitaba ollar na propia leira da casa.
Felices tempos eran aqueles, para min e os vagalumes.
O resplandor destes escarabellos está desparecendo. Parece ser que a contaminación lúminica estaría afectando ós machos que teñen dificultades para topar a súa parella e aparearse na noite.
O Vagalume Lampyris noctiluca pode emitir luz durante todos os seus estadios, incluso os ovos, pero no caso da femia é máis importante, xa que ese resplandor ten como obxetivo atraer o macho para realizar a cópula. Esa luz, de tipo fría, a producen mediante o fenómeno da bioluminiscencia basado na oxidación dun composto proteíco chamado luciferina mediante unha enzima denominada luciferasa.
Este coleóptero tamén chamado olliño da noite, luz do camiñante ou vella que alumea, é un terrible depredador de gasterópodos. Tras inxectarlles veleno e paralizalos, absorve ó seu contido parcialmente dixerido pola súa saliva. Os adultos non se alimentan e viven das reservas acumuladas durante o estadio larval.
A femia non voa e manténse quieta sobre un lugar visible emitindo luz durante unhas horas. De non lograr reproducirse ó cabo dunha semana, morrerá sen efectuar a posta.
Os machos poseen a facultade de voar en busca da chamada luminescente da femia. Ainda que eles tamen poden emitir luz.
Na fotografía superior vemos o macho desenfocado (non me decatei del ata ver a foto na casa) trepando en dirección á femia.
Na foto superior o macho acoplándose coa femia.
A este macho lle saliú un rival.
0 comentarios:
Publicar un comentario