A asociación ecoloxista Verdegaia quere chamar a atención as autoridades do Concello de Pontevedra sobre o estado do tramo do Río Lérez que pasa polo concello.
Durante unha visita polo tramo baixo do Río Lérez, detectáronse numerosos impactos ambientais derivados principalmente das obras realizadas e promovidas polo Concello de Pontevedra que afectan tanto ó bosque de ribeira como ao leito do río.



Phytolacca americana, Cortaderia selloana, Tradescantia fluminensis, Amaranthus sp., etc.).

Verdegaia non está de acordo coa creación do areal artificial por innecesario e polo impacto que supón no fráxil medio fluvial. Entendemos que se deberían destinar eses cartos á auténtica recuperación da ribeira do río, é dicir, á eliminación dos vertidos que aínda quedan, á recollida dos tubos abandonados e outro lixo existente nas súas marxes, á erradicación da flora invasora e ao fomento dunha vexetación autóctona e natural (ameneiros, freixos, carballos e salgueiros).



0 comentarios:
Publicar un comentario